• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    DSC 0427 min

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Duatlon De Guitiriz


EQUIPO FEMENINO VENCE EN GUITIRIZ E MASCULINO SUBCAMPION.


Os triatletas do Arcade Inforhouse de Santiago estiveron presentes no podium das diferentes categorias.




Este sábado un nutrido grupo de zebras do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE desprazáronse á segunda proba clasificatoria para o campionato galego de dúatlon. A tarde empezaba ben, as mozas non o podían facer mellor, subíndose todo o máis alto na clasificación por equipos. A modo individual, Carla Castaño venceu na categoría cadete, do mesmo xeito que Silvia Veira en sub-23 e Diana Cotón alzouse no segundo posto junior. Conseguindo así ter unha representante do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE en cada podio.

Pasadas o cinco da tarde chegaba a hora dos mozos, Gustavo Rodríguez partía como favorito, pero Brais Canosa do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE non llo ía a pór fácil, saíu decidido desde os primeiro metros da carreira a pé. Liderou este primeiro sector en todo momento, pondo un ritmo infernal que foi deixando atrás a todos os triatletas e
xcepto a Gustavo que no sector ciclista impuxo a súa lei e a Antonio Serrat, compañeiro de equipo de leste. Por detrás viñan os outros dous triatletas do ARCADE INFORHOUSE que loitaron na bici por dar caza a Brais Canosa que levaba de lastre a Antonio Serrat. Este grupo de 5 triatletas baixáronse xuntos ao último e definitivo tramo a pé, onde Gustavo Rodríguez corría cunha cómoda vantaxe e  Antonio Serrat, máis fresco, impúxose ao tres representantes do ARCADE INFORHOUSE. Por categorías Brais Otero (cadete), Nacho Castro (junior) e Cristobal Deus (sub23) levaron as cores do ARCADE INFORHOUSE ao segundo banzo dos seus respectivos pódiums.Noraboa a todos.

Os triatletas do Arcade Inforhouse de Santiago estiveron presentes no podium das diferentes categorias.
O sábado 2 de marzo un nutrido grupo de zebras do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE desprazáronse á segunda proba clasificatoria para o campionato galego de dúatlon. A tarde empezaba ben, as mozas non o podían facer mellor, subíndose todo o máis alto na clasificación por equipos. A modo individual, Carla Castaño venceu na categoría cadete, do mesmo xeito que Silvia Veira en sub-23 e Diana Cotón alzouse no segundo posto junior. Conseguindo así ter unha representante do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE en cada podio.
Pasadas o cinco da tarde chegaba a hora dos mozos, Gustavo Rodríguez partía como favorito, pero Brais Canosa do CLUB TRÍATLON ARCADE INFORHOUSE non llo ía a pór fácil, saíu decidido desde os primeiro metros da carreira a pé. Liderou este primeiro sector en todo momento, pondo un ritmo infernal que foi deixando atrás a todos os triatletas excepto a Gustavo que no sector ciclista impuxo a súa lei e a Antonio Serrat, compañeiro de equipo de leste. Por detrás viñan os outros dous triatletas do ARCADE INFORHOUSE que loitaron na bici por dar caza a Brais Canosa que levaba de lastre a Antonio Serrat. Este grupo de 5 triatletas baixáronse xuntos ao último e definitivo tramo a pé, onde Gustavo Rodríguez corría cunha cómoda vantaxe e  Antonio Serrat, máis fresco, impúxose ao tres representantes do ARCADE INFORHOUSE. Por categorías Brais Otero (cadete), Nacho Castro (junior) e Cristobal Deus (sub23) levaron as cores do ARCADE INFORHOUSE ao segundo banzo dos seus respectivos pódiums.
 
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.