• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    DSC 0427 min

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Duatlon Concello de Noia

 

 

Neste segmento rompeu aínda máis a carreira e foi un continuo reguero de corredoras, que circulaban de forma individual na súa maioría, é de destacar a actuación de Mariña González que despois de chegar en oitavo lugar na primeira carreira, foi capaz de remontar até a 2 posición nun soberbio segmento.

A carreira final axustou de novo un pouco máis as cousas que chegadas a esta segunda transición deixaban a cada participante en solitario; Fany continuou afianzando o seu dominio volvendo marcar o primeiro parcial, deixando os outros dous lugares do podio para Verónica montes, que despego na transición a mariña e puido correr a carreira tranquila, e a unha mariña que se gañou por dereito o seu 3º posto.

Carreira masculina A:

Nesta carreira produciuse un esquema bastante parecido ao da carreira feminina, saída forte e en solitario de Andrés López torres que finalmente e a pesar de correr na carreira máis lenta conseguiría marcar o parcial 20 absoluto? Por detrás vaise aos poucos estirando o enorme grupo de corredores que diseminadamente chegan a coller a bicicleta; Destacando por detrás de López torres a Javier Pérez bota e a Jenssen Galán que era a primeiro cebra en coller a bici.

O segmento ciclista deixo aos 3 primeiros clasificados en solitario durante case todo o percorrido, salvo unha pequena ?asociación? entre Javier e Jenssen, e por detrás fóronse formando pequenos grupos adecuados aos moi dispares niveis existentes.

Na chegada á 2º transición o tres primeiros fixérono por separado, quedándose entre eles a unha distancia prudencial que non puido ningún recortar o máis minimo, o resto do pelotón foi aos poucos completando o 2500 final desgrupandose novamente.

Carreira B:

A pesar do que puidese parecer lendo a lista de inscritos na saída desta carreira déronse cita atletas de moita calidade, O incomparable Luís calvo e os historicos EmilioLousa e Emilio Montilla entre outros.

Unha vez dado o pistoletazo de saída rapidamente destacáronse Luís calvo e Chechu penas, dispostos ambos a facer a súa propia carreira esquecéndose por completo do resto; Na parte de atrás o grupo foise facendo cada vez máis estreito comezando a definirse as posicións a partir da segunda volta, deixando en persecución de Luís e Chechu a Elpidio Gómez, Emilio Lousa e Emilio montilla entre outros.

Chegados á transición Luís e chechu móntanse primeiros e comezan a enfilar a subida, con Emilio, Lousa e Montilla, siguiendoles de preto. Por detrás deles formaríase un pequeno grupo dunhas 8 unidades que acabaría absorbendo ao ?huerfano? Montilla despois da inoportuna picada de Lousa.

Ao paso da primeira volta o duo cabecero quitaba ao grupo perseguidor practicamente dous minutos e preparaba o que finalmente sería unha pechada carreira final. Por detrás deste segundo grupo é de destacar a actuación de Óscar Fernández que pasaba esta primeira volta a apenas 15 segundos remontando moitas posicións.

Á chegada á transición o duo cabecero marcábase estreitamente e deixaban para a última volta das dúas finais o cambio definitivo que daría a vitoria a un increible Luís calvo. Por detrás do duo cabecero entraban Luís Alberto paredes e Emilio montilla completando un duo de veteranos entre os 4 primeiros.Destacar que tanto os mozos como as mozas conseguiron o primeiro posto por equipos:Lembrar que a próxima cita será o Campionato Galego de Dúatlon e celebrarase en Santiago de Compostela, un circuíto cunha nova localización as inmediacións da praza do obradoiro acollerán a todos os deportistas clasificados e tamén a todos os que se queiran iniciar neste deporte xa que contaremos cunha proba popular

 

 

 
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.