• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    DSC 0427 min

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Duatlon Noia

A tarde do sábadopresentábase con moito frío e con posibilidade de choiva. As 14:30 da tarde dou inicio a proba escolaronde contábamos con tres equipos, dous masculinos e un feminino conseguindo finalmente o equipo masculino A formado por Brais Otero, Vicente Pérez, Antonio Galante, Brais Iglesias e Jesús Otero un noveno posto, mentres que o masculino B con Diego Alonso, Anxo Codesido, Cristian Martínez e Leo Suarez conseguían o 10 posto. Na categoría feminina, con Carla Castaño, Inés Castaño, Aldara Díaz e Raquel Mosteiro acadaban o sexto posto.

 

As 16:00 horas dábase a saída o equipo do Arcade Inforhouse Santiago na categoría Open, contando coa participación de Jenssen Galán, AlbertoAsensio, Óscar Fernández González e Antonio Iglésias e coa ausencia de DamiánMartínez por lesión de última hora, acadando un meritorio sexto posto a pesar da xuventude de algún dos seus membros.

As 18:20 tiña lugar a saída do equipo Elite feminino, con Rocío Molas, Silvia Veira, Silvia Deira, Iria Fernández e PalomaHerbello,acadando un tempo final de 1:19:31 e situándose en novena posición.


As 18:36 era o turno do equipo Elite masculino, con Brais Canosa, Luis Calvo, Ignacio Castro, Óscar Fernández Vázquez, Sergio García e Alberto Castiñeira, cun tempo final de 1:02:05 unha novena posición e tan só a dous minutos e medio dos primeiros clasificados.

23 de marzo, Campionato de España de duatón por relevos, modalidade na que tres membros do mesmo equipo teñen que facer un mini-duatlon por separado e se toma como tempo final a suma dos tres participantes.

A esta proba o Arcade Inforhouse Santiago desprázase a Noia con dous equipos na categoría escolar un masculino e outro feminino.



As 9:02 daba saída o equipo do escolar masculino, formado por Brais Otero, Vicente Pérez e Antonio Galante, acadando unha excelente sexta posición.

A partir das 10:34 tivo a súa saída o equipo escolar feminino, con Carla Castaño, Inés Castaño e Aldara Díaz, quedando subcampionas.

O sábado 29 celebrase en Santiago de Compostela a final do campionato galego de duatlóna onde acudirán os nosos deportistas coa motivación de correr na casa.

O fin de semana do 5 e 6 de Abril acudirá unha representación do Arcade Inforhouse Santiago a Final do campionato de España de duatlón que se celebrarán en Avilés.

Galeria de Fotos Noia

 
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.