• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

    Leer más...

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades
Novas

Este Sabado tarde a Liga de Clubs

Xa estan de camiño a Alemria os dous equipos élite masculino e femenio, un tramo moi longo de viaxe mil douscentos kilometros de distancia, pero eso non vai se a disculpa dos nosos pupilos que estaran o máis alto nivel e darano todo por optar o título. Sairon coma sempre con moi bo humor  ainda que a viaxe e longa pero os contos e risas nunca faltan dentro do habitaculo, unhas sonecas que o cabo dunhas horas xa van apetecendo pero logo dun descanso volven a rexurdir os comentarios. Ainda que a proba xa esta un pouco fora de tempo pero van a defender polo menos o posto o segundo posto o elite masculino  que por tres puntos nos sacou da victoria, mentras o equipo femenino tamen van por mellorar o quinto posto. Os equipos  formanos:

Equipo Elite Masculino: CANOSA FERNANDEZ, BRAIS NUNES TENRINHO, RUI FILIPE CARNEVALI DEL CASTILLO, ANDRES PAZ SOBREIRA DIEGORUANOVA FERNANDEZ, ANTON RIBEIRO, RAFAEL CASTRO SANTOS, IGNACIO MARQUES, DUARTE TRILLO BARCA, ALBERTO DOMINGUEZ GARCIA, NICOLAS.

Equipo Elite Femenino: MOLAS FLORES, ROCIO CONDEÇO, LUISA FERRUM, ANDREIA DEIRA BARCALA, SILVIA VEIRA PORTELA, SILVIA CASTAÑO GARCIA, CARLA TENRINHO, SARA ISABEL COTON VAZQUEZ, DIANA MOSQUERA ESCUDERO, LAURA MARIA

¡!!!!!!!! ANIMO E BOA SORTE ¡!!!!!!!!

Colaboracion fundacion usc deporte

NOVA COLABORACION ENTRE TRIATLON ARCADE INFORHOUSE E FUNDACION USC DEPORTE

Leer más...
Web:www.fundacionuscdeporte.org 
Dende aqui podes ver as actividades que se estan a facer

Cpto. España Distancia Olimpica Murcia

Anton Ruanova Subcampion de España - Los Alcazares Murcia.

CAMPIONATO GALEGO  ACUATLON EN PORTOSÍN

Diana Cotón consegue o terceiro posto absoluto de Acuatlón

No Concello de Porto do Son, máis concretamente na localidade de Portosín nas intalacións do Real Club Náutico de portosín, celebrábase este domingo o campionato galego de Acuatlón consistente en tres sectores, o primeiro de carreira a pé, o segundo de natación e o terceiro de carreira a pé e que varía as distancias según as categorías establecidas, nesta proba o clube Triatlón Arcade Inforhouse xunto co Concello de Porto do Son encargábanse de tomar as rendas da organización coa colaboración inestimable do Arcade Consultores Inforhouse e o Real Club Náutico de Portosín. Neste campionato o clube  fixo gala do seu bo facer en canto a organización de probas se refire, e como xa quedara constancia no campionato galego de duatlón celebrado este mesmo ano na praza do Obradoiro, foi un éxito en todos os aspectos.

A proba, que se disputou en todas as categorías, deu cabida a 214 participantes dos cales 73 participaron na proba élite, tanto masculina coma  feminina, nelas os gañadores foron Crisanto Grajales do Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial, que ainda sendo mexicano competía con licenza galega, e Marta Barbeito do A.D. Fogar, respectivamente e que se disputaba sobre unha distancia de 2500 metros a pé, 1000 metros a nado e 2500 metros a pé. Destacar nesta categoría absoluta os resultados dos nosos triatletas, o quinto posto de Oscar Alonso e o decimosegundo de Nacho Castro en masculino así coma o terceiro posto en absoluta e o primeiro de junior acadados por Diana Cotón, que ven sendo nela unha tónica habitual. Xa en categorías inferiores Laura Pais acadaba o terceiro posto en categoría benxamín, Inés Castaño conseguía un terceiro posto na infantil e en cadete Carla Castaño acadaba o cuarto posto.

Neste Campionato tamén tivo lugar unha proba popular na que os gañadores foron Antón Dopico e Rosalía García, ambos independentes, e que se disputaba en distancia de 1500 metros de carreira a pé, 500 metros de natación e 1500 metros de carreira a pé.

O ARCADE INFORHOUSE SANTIAGO REINA NO BDREAM PROMASTER DE PALAMÓS

Leer más...
O EQUIPO FORMADO POR ANTÓN RUANOVA, DIEGO PAZ E BRAIS CANOSA FIXOSE CO TRUNFO NA TERCEIRA PROBA DO CIRCUITO PROMASTER POR DIANTE DO FASTTRIATLON CATALÁN Y OS DIABLILLOS DE RIVAS.

Este fin de semana tivo lugar a terceira parada do prestixioso circuíto B Dream Promaster na localidade catalá de Palamós. A ela acudía o Arcade Inforhouse Santiago co seu equipo de gala, en busca dun triunfo que se lle resistía nas dúas anteriores citas de Banyoles e Madrid. A espectacular organización e os grandes premios económicos atraeron non só á elite nacional, se non tamén a un bo número de importantes triatletas estranxeiros. Entre os favoritos destacaban o arxentino Taccone (Subcampión da Copa do Mundo de Huatulco), os ucraínos Pevtsov e Ivanov (3º na Copa do Mundo de Edmontón), o ruso Tutukin (gañador da Copa do Mundo de Holten e o polaco dúas veces olímpico, Jaskolka.

O segmento de natación, liderado por Dapena, non seleccionou en exceso o grupo cabecero, que se formou con vinte triatletas. Entre eles, ben colocados viaxaban Ruanova e Paz representando ao equipo compostelán. Canosa circulaba nun grupo posterior tras perder un minuto nos 1500m de natación. A falta de entendemento propiciou que o grupo dos líderes se fose aumentando conforme pasaban os xiros polo centro histórico de Palamós. Na última volta o olímpico polaco Jaskolka conseguía escaparse en solitario. Por detrás unha corentena de deportistas iniciaban xuntos os decisivos 10 kms de carreira a pié.

As altas temperaturas foron un xuíz importante da proba. Ruanova situábase desde os primeiros metros entre os mellores. Aínda que o seu ritmo non era o dos seus mellores días, non en balde portaba o dorsal número uno como actual líder das series, pelexou en todo momento polos postos de honra. A súa 6ª praza, unida á súa prata en Banyoles e a súa cuarta praza en Madrid, ségueo situando como un dos homes importantes do circuíto Promaster. Por detrás Diego Paz conseguía remontar nos últimos quilómetros finalizando na 18º posición, por diante do último integrante dos composteláns, Canosa na 20ª praza. Estes resultados servían para alzar ao Arcade Inforhouse todo o máis alto do podio por diante dos cataláns do FastTriatlon e os madrileños do Diablillos de Rivas. Un novo éxito que confirma aos composteláns como un dos equipos de referencia do triplo deporte a nivel nacional.

A nivel individual, Ruanova con tres top6 no tres citas realizadas do circuíto, sitúase claramente como candidato a entrar entre o vinte mellores triatletas nacionais e estranxeiros que se clasificarán para a gran final das series no Cabo de Gata o 29 de Outubro.

Leer más...Leer más...

<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>
Páxina 5 de 30
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.