• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    Leer más...

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades
Novas
Nada e Corre en Riveira


O FUTURO DO CLUBE COMENZA A SUA ANDADURA NESTA NOVA TEMPORADA.


Onte, domingo 3 de febreiro de 2013, celebrouse en Ribeira o primeiro Nada e Corre da temporada. Hasta alí achegaronse cheos de ilusión e alguns nervios os integrantes mais novos do clube para derrochar entusiasmo e ilusióne poñendo en practica todo o entrenado e todo o enseñado polos seus adestradores que os acompañaron durante todo o tempo que durou a competición.

Como sabedes o nada e corre é unha competición oficial da FEGATRI na que se suman os tempos de natación e correr, sendo o resultado final a suma acadada nestes dous tempos parciais. A de Ribeira foi a primeira proba do circuito galego, restando por celebrarse unha en Vilalba e outra en Vigo, antes da gran final que tera lugar o vindeiro 16 de marzo en Pontevedra.

A xornada transcurriu sin contratempo algún e queremos subliñar as boas marcas acadadas polas rapazas e rapaces do clube, destacando ademais que alguns deles eran debutantes. En definitiva, mais aló dos resultados que foron bos gustarianos destacar a gran xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron os mais novos acompañados dos seus entrenadores e pais. Este espiritu y este ambiente é o que dende o clube pretendemos destacar e favorecer, sendo polo tanto o noso obxectivo que a escola medre e que as nenas e nenos do Triatlón Arcade Inforhouse cheguen a ser uns gran triatletas e uns grandes compañeiros e amigos.

Dende o clube estamos moi satisfeitos e infinitamente agradecidos a todos eles, e desexando que mais xente se anime a formar parte desta gran familia. Seredes Benvidos.

--- Clasificacions ---

 

PRIMEIRO PODIO POR EQUIPOS DA TEMPADA NO DUATLON CROSS DE CANDEAN
Segundos por equipos en Candean.

O domingo 27 de Xaneiro de 2013 celebrouse en Candeán (Vigo) o IV Dúatlon Cros Mámoa de Candeán coa participación de Amancio Espiñeira Moruja, Fernando Abad Roca, Alberto Candal Viqueira e Francisco Javier Igrexas Prado.

Como era de esperar as condicións climatolóxicas ían ser desfavorables: choiva, néboa e por suposto, frío.
O percorrido e o trazado trazado eran propios dun cros auténtico:
--- A primeira carreira consistiu en dúas voltas a un circuíto infestado de carreiros embarrados e partes do percorrido por entre raíces de árbores que fixeron a máis dun caerse.
--- A sección de mountain bike tampouco tiña desperdicio: Tres voltas a un circuíto con carreiros rápidos con moito barro, baixadas con zonas técnicas onde agradecías ter uns bos freos e por suposto ramplas onde portear a bicicleta era a única forma de subir ante a cantidade de barro acumulado.
--- E por último a última carreira consistiu en dar unha volta en sentido contrario ao do circuíto da primeira carreira.
Tras completar con éxito o IV dúatlon cros Mámoa de Candeán, os cutro atletas competidores do Arcade Inforhouse Santiago finalizaron nos seguintes postos:
- Amancio Espiñeira Moruja, OITAVO posto, cun tempo total de 1:55:03.
- Fernando Abad Roca, DÉCIMO posto, entrando ao mesmo tempo que o NOVENO, cun tempo total de 1:56:07.
- Alberto Candal Viqueira, que na primeira volta do percorrido de mountain bike sufriu un problema na transmisión que foi arrastrando, DÉCIMO TERCEIRO posto, cun tempo total de 1:58:38.
- Francisco Javier Igrexas Pardo, DÉCIMO SEXTO posto cun tempo total de 2:24:27.
Na clasificación por clubs, o Arcade Inforhouse Santiago obtivo o SEGUNDO posto cun tempo acumulado de 5:49:48 do tres primeiros atletas do club que chegaron. Noraboa a todos.

 

BRAIS CANOSA  VENCE NO CROSS DA GANDARA

Leer más...

Esta fin de semana había que celebrar o nadal, e de que mellor xeito que facendo o que nos gusta. Estaba inscrito para unha carreira no Porto do Son, pero uns problemas durante a semana, debido á gran fatiga acumulada durante os últimos adestramentos, fixeron que cambiase de plans, e decidón correr o cross da Gándara, preto da miña casa, 8 km nun terro moi embarrado e pesado. O cansancio seguía presente e non as tiña todas conmigo, así que decidín saír tranquilo aver que pasaba, xa que o nivel da carreira non era moi aló. Co paso das voltas as sensación ían a peor, pero no ecuador da proba atopábame en cabeza acompañado dun só corredor, sabía que non tiña moitas forzas, e non intentei quedarme en solitario ata a derradeira volta. Por sorte, conseguín ter un chisco máis de enerxía que o meu rival e puiden entrar en meta en solitario, cunha marca de 26´10´´, contento polo terreo e pola miña situación. Estrenamos o casilleiro de victorias, esperando que sexan moitas máis. Sen máis quero desexarvos un ano 2013 cheo de km e de saúde. Lume

 

 

TOMA DE TEMPOS EN RIBEIRA

Leer más...

O sábado 22 de decembro o Club de Tríatlon Arcade-Inforhouse tivo a súa segunda toma de tempos da tempada. Foi un dia especial para os nenos da escola así como para os adestradores que os acompañaba por primeira vez. A escola do Arcade Inforhouse saíu  pasadas as 15 do local do club no estadio de San Lázaro na furgoneta do club, onde reinou o bo humor e as risas durante todo o traxecto até a comarca do Barbanza.

 

 

“ Tras la comida de fin de temporada realizada este sábado día 15 en el local del club, vuestros compañeros de la nueva junta directiva quieren agradeceros la confianza depositada para continuar con este gran proyecto que es el Arcade Inforhouse y desearos a todos unas felices fiestas así como un buen comienzo de año.

Os esperamos a todos en 2013 para compartir con vosotros un año repleto de lo que más nos gusta.”



Laura Mosquera Escudero               Oscar Fernandez Vázquez                       José Mª Caamaño Monteagudo


Vicente Guzmán Ares                       Francisco Javier Iglesias Prado               Francisco Javier Liste Boquete

Leer más...

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>
Páxina 10 de 30
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.