• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    Leer más...

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Novas

O EQUIPO FEMINIO VENCE NO

XIII TRÍATLON CIDADE DE FERROL

Xa se está convertendo en tónica habitual pero a calor fixo presencia esta vez no XIII tríatlon Cidade de Ferrol, proba pertencente ao circuito galego e clasificatoria para o campionato galego, que tiña a súa execución na plaia de Carranza e os seus arredores. A proba comezaba ca saída popular, e que os nosos pequenos disputaron con moita ilusión e na que Antonio Galante acadou o primeiro posto na categoria cadete. Na saída A, sen tempo de corte, volvíamos ver a competir a Brais Otero que trala súa lesión en Coruña aínda non competira e que realizaou unha boa actuación ainda que os seus adestradores preferiron que non rematase a proba para non retrasar a súa recuperación. E xa nos poñemos na saída Feminina que daba comezo as 12:00 da mañá e na que tanto Silvia Veira coma Diana Coton tomaban con opción a podium algo que só Silvia puido acadar subindo ao terceiro peldaño e quedandose Diana na cuarta posición da xeral, aínda que ambas acadaron os primerios postos nas súas categorías, sub-23 para Silvia e Junior para Diana, e do mesmo xeito tamén subiron ao peldaño máis alto por clubs gracias aos puntos de Silvia Deira, o cal se esta vovlendo en algo habitual nas últimas probas disputadas. Ás 12:30 daba comezo a saída Elite, con tempo de corte, nela daban a saída 54 participantes todos con ganas de clasificarse para o campionato galego, neste caso Nacho Castro, que debido a un corte no pé durante a larga transición que nos brindou a proba de Ferrol, quedaría rezagado a novena posición e Nicolás Domínguez acadaría un moi bo décimoprimeiro posto, na clasificación por clubes sumando os puntos de Alberto Pereiras os masculinos quedaron cuartos, as portas do podium.

Despois desta proba haberá un descanso no circuito galego ata primeiros de agosto co tríatlon de Pontevedra, mentres disputaranse diferentes probas populares nas que os nosos triatletas de seguro que competiran e das que vos que manteremos informados.

 

 

 


UN EQUIPO DISTINTAS ILUSIÓNS.

DIANA COTÓN SUBCAMPEONA DE ESPAÑA JUNIOR.


En Altafulla sí, ningún de nós sabía situar no mapa a cidade donde este ano se ía a realizar o campeonato de españa de tríatlon na modalidade esprint, 750m a nado, 20km en bicicleta e 5km de carreira a pé, pero coas ganas de poder facer unha proba de estas características, rápido nos encaramos ao todopoderoso google maps para darnos conta de que se situaba na provincia de Tarragona na mesmísima Costa Dourada, así que nin cortos nin perezosos alá nos fumos uns cantos valientes do clube, buscando entre outras cousas a experiencia dun campeonato de españa a boa temperatura e a busca do noso tan preciado astro sol, que na nosa comunidade non se deixou asomar durante este duro inverno. Na expedición estaban representadas a maioría das categorías do clube, dende as féminas en categoría cadete con Carla Castaño, en Junior Diana Cotón e en élite Silvia Veira,e  en canto a representación masculina os Junior Nacho Castro, Antonio Iglesias, Damian Martínez e os GG.EE Alberto Vázquez e Oscar Fernández.

A empresa non era fácil, doce horas de viaxe con nove tripulantes cos seus correspondentes artefactos de competición na "zebrafurgo" enlatados coma sardiñas típicas de San Xoan pronosticaba horas de aburrimento e cansancio, pero nada que ver coa realidade a boa compenetración dos integrantes, aínda sendo de diferente idades, levou a facer unha viaxe chea de anécdotas con sopas de allo, rodas pinchadas, reunións ténicas ata altas horas da madrugada e "petates" varios, fixeron que tanto a viaxe como as horas previas a competición pareceran menos e fosen moito máis levadeiras.

Xa inmersos na proba, que comezaba o sábado as 14:52h coa categoría cadete, Carla castaño acadaba unha merecida oitava posición pois a dureza do clima autóctono, con temperaturas de trinta graos e unha humidade do 90%, fixo que a nosa triatleta tivera un terceiro sector moi duro, que máis adiante os GG.EE. coa saída as 16:17h constatarian facendo un gran papel nas súas correspondentes categorías e deixando un moi bo sabor de boca. Xa ao día seguinte tocaballes aos Junior, coa saída as 8:45h en masculino e as 8:47 en feminio os nosos rapaces derono todo para poder acadar os seus mellores reultados, facendo así Nacho Castro o posto vite e un, Damian o sesenta e Antonio Iglesias o ochenta e tres nunha categoria na que se deron cita preto de 120 triatletas, na categoría Junior feminina Diana Cotón  acadaba o subcampeonato  de españa nunha loita encarnizada polo podium xa que saiu un pouco rezagada da auga pero a súa valentía na bici, cun circuito moi duro, fixolle chegar a T2 en segunda posición mantendoa xa ata a chegada a meta. Na proba élite Silvia Veira acadaba o posto dezaoito. Destacar tamen na categoria élite masculina a participación do noso compañeiro de viaxe Cesar Montes do Triatlón Coruña que se plantou no posto setenta e cinco e que debido a unha mala natación non lle permitiu estar na pomada da proba.

Xa para rematar agradecer a todos, tanto compañeiros de viaxe coma os pais de algúns de eles polas mostras de ánimo durante as probas, nin que decir ten que se agradecen neses momentos tan duros. Agradecer tamén ao clube por poder darnos a posibilidade de participar nunha proba tan lonxe da nosa casa e que a organización da viaxe resultou perfecta.

 

 


O ARCADE INFORHOUSE MANTEN A SÚA LIÑA NO

III TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO



Na praia de Sabón arrancaba este domingo a segunda proba do circuito galego de tríatlon de 2013, proba na cal se facía notar a ausencia das estrelas de este deporte por mor da preparación de algúns deles do Campeonato de España esprint que se celebrará o vindeiro fin de semana en Altafulla (Tarragona), agás de Gustavo Rodríguez en masculino e Aida Valiño en feminino que acadaron sendas vitorias nas súas correspondentes categorías.

Proba a de Arteixo que se caracterizou polo segmento de auga, con un mar máis propio para o surf que para a práctica do noso deporte, e que daba comezo ca saída popular na que a nosa xoven triatleta Inés Castaño acadou a segunda posición tanto na categoría absoluta como na da súa categoría, a infantil. Xa na proba feminina Silvia Veira acadou o terceiro posto do podium en absoluta e o primeiro en Sub-23, con uns increíbles parciais tanto no segmento de natación como no de carreira, seguida de Alba Paz que se subía ao terceiro peldaño desta categoría, e que cos seus puntos e os de Paloma Herbello acadaron o segundo posto na clasificación por clubes feminina. Na proba élite Cristóbal Dios acadou o segundo escalón do podium en Sub-23, despois de unha remontada espectacular na bicicleta e un bo parcial na carreira a pé, e que xunto cos puntos de Alberto Pereiras e Diego Senin acadaron o quinto posto na clasificación por clubes masculina.

Como ven sendo habitual no circuito galego as probas Élite e Grupos de idade disputaronse sobre distancia sprint consistente en 750m de natación, 20 km de bicicleta e 5 km carreira a pé que nesta ocasión tomou como escenario o polígono de sabón e o paseo marítimo ao longo do percorrido da súa praia.

 


SESIONS DE PILATES CLUB TRIATLON ARCADE INFORHOUSE
15,22,29JUNIO e 6 XULLO NO LOCAL DO CLUB PARA PAIS, NAIS E DEPORTISTAS
Aqui tendes a Circular Informativa  (pincha aqui)

 


NOVE PODIUMS PARA O ARCADE INFORHOUSE NO

VIII TRÍATLON DE RIAZOR


Este Domingo celebrábase na cidade da Coruña a primerira proba do circuito galego de tríatlon de 2013 que foi aplazada no seu día por mor das adversidades climatolóxicas e que nesta xornada nos brindou un tríatlon cun mar e un vento tranquilos ainda que sen a presencia do preciado sol.

Cunha proba caracterizada pola súa ampla participación,  na que se deron cabida preto de 400 participantes entre todas as modalidades (élite, grupos de idade e popular) e na que se levaron o triunfo Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) o Arcade Inforhouse logrou unha boa cifra de podiums.

Comezando polas rapazas Carla Castaño acadou o 3º posto na clasificación absoluta así coma o 2º posto na categoría cadete, concluindo cun 3º posto por equipos nos que puntuaron a propia Carla Castaño, Silvia Deira e Paloma Herbello. Salientar que nesta carreira dúas integrantes do clube, Laura Mosquera e Sivia Veira, víronse na obriga de retirarse por problemas mecánicos nas súas bicicletas debido a que tiveron pinchazos nas rodas.

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>
Páxina 6 de 30
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.