• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    Leer más...

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Novas

REMATOU O I CAMPUS DE CICLISMO CUN GRAN EXITO

Este sábado rematou a segunda fase do Campus Ciclismo realizado polo Triatlon Arcade Inforhouse Santiago, e dirixdo por Emilio Lousa triatleta do Clube dende hai moitos anos, e que ben poder contar con xente coma esta, gran experiencia no triatlon e que mellor pa ensinar a os pequenos e maiores que estan empezando ou que non teñen bo ceñecemento de técnicas e neste caso de ciclismo. Un remate moi aproveitado polos participantes xa que a parte técnica sobre a pista do velodromo de Betanzos, na que foi explicando case un por un como hai que dominar a bici, técnica de xiros, xa que nos triatlons danse moito nos retornos donde o xiros teñen en moitos circuitos poucos metros, transicions na que o montaxe na bici as veces fainos perder segundos, manexo de cambio pos pequenos que e unha novidade pa eles xa que viron na practica como actuando ben sobre este podemos ir mais comodos encima desta,pois todo isto e algo máis foi o exercicio de hoxe. A teoria foi outra clase maxistral na que se foi explicando como ir en grupo cando vamos participar en relevos por equipos pa un mellor aproveitamento da enerxia encima da bici, todo esto moi ben acollido polos deportistas na que as preguntas foron contestadas tamen por Brais Canosa que estivo apiando este campus.
A experiencia deste I Campus foi formidable e esperamos po ano volver a repetilo xa que a xente gustoulle moito e a voz foise correndo tan rapido coma nun sprint de bici.
Temos que decir que estamos empezando a nova directiva pero creo que con estas actividades vamos por un bo camiño e ademáis temos que aproveitar no noso potencial de deportistas de élite que temos no clube, pa seguir facendo escola pa todos. Noraboa.

 



APASIONANTE O COMENZO DO PRIMEIRO CAMPUS CICLISMO TRIATLON ARCADE INFORHOUSE NO VELODROMO DE BETANZOS

Emilio Lousa un veterano e instructor impecable dirixindo este campus.
Fran Lopez Costoya, campion do mundo de Raids de aventura.
Brais Canosa, todo un exemplo de esforzo e traballo pa estar no máis alto nivel do triatlon.


O Velodromo de Betanzos, foi escenario do primeiro Campus de Ciclismo do noso clube Triatlon Arcade Inforhouse Santiago, no que temos que felicitar o concelleiro de deportes, Don Diego Fernandez Lopez por facilitarnos a instalacion e acompañarnos nunha das partes do adestramento, e tamen temos que agradecer ao técnico de deportes do concello  Rivas Carro por estar acompañandonos ata o remate. Comenzamos asi unha nova andadura dentro do clube no que queremos facer participes a todolos deportistas, partindo dos mais pequenos da escola de triatlon, " benxamis,infatis,cadete e xunior " ademais dos sub-23 elite e veteranos, unha maneira de facer convivencia entre todos.
A imparticion deste campus corre a cargo de Emilio Lousa licenciado en educacion física, e un veteran do triatlon no que da gusto estar o lado del, xa que os seus coñecementos son fantasticos e moi ben acollidos polos participantes. Fran López Costoya quizais non vos soa moito a alguns pero e un galelo Campion do Mundo de Raids de aventura, unha persoa entrañable, din que e o canibal incombustible dos Raids, bueno da gusto seguilo tamen como da as instrucions os ciclistas . Brais Canosa´, unha gran persoa na que se puxo a disposicion dos impartores do campus e que tamen imparteu con todos os seus coñecementos da bici. Contamos nesta primeira  fase cunha participacion de trinta e cinco deportistas, formados en tres grupos de distinto nivel, se lle impartiu parte teorica e practica de como ir dando relevos, trazas de curvas, manexo de cambios, e ir en grupo. Ahora queda esta segunda parte que se impartira o vindeiro sábado 16.

 
Nada e Corre en Riveira


O FUTURO DO CLUBE COMENZA A SUA ANDADURA NESTA NOVA TEMPORADA.


Onte, domingo 3 de febreiro de 2013, celebrouse en Ribeira o primeiro Nada e Corre da temporada. Hasta alí achegaronse cheos de ilusión e alguns nervios os integrantes mais novos do clube para derrochar entusiasmo e ilusióne poñendo en practica todo o entrenado e todo o enseñado polos seus adestradores que os acompañaron durante todo o tempo que durou a competición.

Como sabedes o nada e corre é unha competición oficial da FEGATRI na que se suman os tempos de natación e correr, sendo o resultado final a suma acadada nestes dous tempos parciais. A de Ribeira foi a primeira proba do circuito galego, restando por celebrarse unha en Vilalba e outra en Vigo, antes da gran final que tera lugar o vindeiro 16 de marzo en Pontevedra.

A xornada transcurriu sin contratempo algún e queremos subliñar as boas marcas acadadas polas rapazas e rapaces do clube, destacando ademais que alguns deles eran debutantes. En definitiva, mais aló dos resultados que foron bos gustarianos destacar a gran xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron os mais novos acompañados dos seus entrenadores e pais. Este espiritu y este ambiente é o que dende o clube pretendemos destacar e favorecer, sendo polo tanto o noso obxectivo que a escola medre e que as nenas e nenos do Triatlón Arcade Inforhouse cheguen a ser uns gran triatletas e uns grandes compañeiros e amigos.

Dende o clube estamos moi satisfeitos e infinitamente agradecidos a todos eles, e desexando que mais xente se anime a formar parte desta gran familia. Seredes Benvidos.

--- Clasificacions ---

 

PRIMEIRO PODIO POR EQUIPOS DA TEMPADA NO DUATLON CROSS DE CANDEAN
Segundos por equipos en Candean.

O domingo 27 de Xaneiro de 2013 celebrouse en Candeán (Vigo) o IV Dúatlon Cros Mámoa de Candeán coa participación de Amancio Espiñeira Moruja, Fernando Abad Roca, Alberto Candal Viqueira e Francisco Javier Igrexas Prado.

Como era de esperar as condicións climatolóxicas ían ser desfavorables: choiva, néboa e por suposto, frío.
O percorrido e o trazado trazado eran propios dun cros auténtico:
--- A primeira carreira consistiu en dúas voltas a un circuíto infestado de carreiros embarrados e partes do percorrido por entre raíces de árbores que fixeron a máis dun caerse.
--- A sección de mountain bike tampouco tiña desperdicio: Tres voltas a un circuíto con carreiros rápidos con moito barro, baixadas con zonas técnicas onde agradecías ter uns bos freos e por suposto ramplas onde portear a bicicleta era a única forma de subir ante a cantidade de barro acumulado.
--- E por último a última carreira consistiu en dar unha volta en sentido contrario ao do circuíto da primeira carreira.
Tras completar con éxito o IV dúatlon cros Mámoa de Candeán, os cutro atletas competidores do Arcade Inforhouse Santiago finalizaron nos seguintes postos:
- Amancio Espiñeira Moruja, OITAVO posto, cun tempo total de 1:55:03.
- Fernando Abad Roca, DÉCIMO posto, entrando ao mesmo tempo que o NOVENO, cun tempo total de 1:56:07.
- Alberto Candal Viqueira, que na primeira volta do percorrido de mountain bike sufriu un problema na transmisión que foi arrastrando, DÉCIMO TERCEIRO posto, cun tempo total de 1:58:38.
- Francisco Javier Igrexas Pardo, DÉCIMO SEXTO posto cun tempo total de 2:24:27.
Na clasificación por clubs, o Arcade Inforhouse Santiago obtivo o SEGUNDO posto cun tempo acumulado de 5:49:48 do tres primeiros atletas do club que chegaron. Noraboa a todos.

 

BRAIS CANOSA  VENCE NO CROSS DA GANDARA

Leer más...

Esta fin de semana había que celebrar o nadal, e de que mellor xeito que facendo o que nos gusta. Estaba inscrito para unha carreira no Porto do Son, pero uns problemas durante a semana, debido á gran fatiga acumulada durante os últimos adestramentos, fixeron que cambiase de plans, e decidón correr o cross da Gándara, preto da miña casa, 8 km nun terro moi embarrado e pesado. O cansancio seguía presente e non as tiña todas conmigo, así que decidín saír tranquilo aver que pasaba, xa que o nivel da carreira non era moi aló. Co paso das voltas as sensación ían a peor, pero no ecuador da proba atopábame en cabeza acompañado dun só corredor, sabía que non tiña moitas forzas, e non intentei quedarme en solitario ata a derradeira volta. Por sorte, conseguín ter un chisco máis de enerxía que o meu rival e puiden entrar en meta en solitario, cunha marca de 26´10´´, contento polo terreo e pola miña situación. Estrenamos o casilleiro de victorias, esperando que sexan moitas máis. Sen máis quero desexarvos un ano 2013 cheo de km e de saúde. Lume

 

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>
Páxina 10 de 30
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.