• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    Ler máis...

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Novas


NOVE PODIUMS PARA O ARCADE INFORHOUSE NO

VIII TRÍATLON DE RIAZOR


Este Domingo celebrábase na cidade da Coruña a primerira proba do circuito galego de tríatlon de 2013 que foi aplazada no seu día por mor das adversidades climatolóxicas e que nesta xornada nos brindou un tríatlon cun mar e un vento tranquilos ainda que sen a presencia do preciado sol.

Cunha proba caracterizada pola súa ampla participación,  na que se deron cabida preto de 400 participantes entre todas as modalidades (élite, grupos de idade e popular) e na que se levaron o triunfo Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) o Arcade Inforhouse logrou unha boa cifra de podiums.

Comezando polas rapazas Carla Castaño acadou o 3º posto na clasificación absoluta así coma o 2º posto na categoría cadete, concluindo cun 3º posto por equipos nos que puntuaron a propia Carla Castaño, Silvia Deira e Paloma Herbello. Salientar que nesta carreira dúas integrantes do clube, Laura Mosquera e Sivia Veira, víronse na obriga de retirarse por problemas mecánicos nas súas bicicletas debido a que tiveron pinchazos nas rodas.

 


REPETIMOS O 3 POSTO OUTRO ANO MAIS NA COPA DO REY EN AGUILAS


O exito volve outro ano máis o noso clube, repetindo o terciero posto no Copa do Rey de Triatlon organizado na cidade de Aguilas - Murcia-. Desprazamento de doce deportistas pa dita cita, máis o campionato de España de Acuatlon, na que temos que destacar a victoria na categoria junior de Diana Coton que asi se proclamou campiona de España. E pa rematar a faena o equipo masculino segue dandonos exitos e alegrias, o comentario de Brais Canosa: Terceros en la copa del rey, por detrás del todopoderoso Wild Wolf de Gomez Noya y de los diablillos. Una carrera en la que fuimos perfectamente compenetrados en los tres sectores, marcando buenos registros y creo que corriendo el mejor. GrandeTriatlon Arcade Inforhouse Santiago. Ya son 4 años sin bajarnos del podio. Este equipo es muy grande. Luuume.

 


OS MENORES DEIXAN UN LISTON ALTO EN CARBALLIÑO  CON 5 PODIOS 1 PRATA E 4 BRONCES.

Brais Otero  medaia de Bronze en cadete masculino.
Carla Castaño medaia de Bronze en cadete femenino.
Ines Castaño medaia de Bronze en Infantil Femenina.

Ler máis...Ler máis...Ler máis...Ler máis...
Remata o circuito escolar de Duatlon no concello de Carballiño, despois de pasar os clasificatorios e o provincial que se celebrara hai uns días en Santiago. Os menores da escola de triatlon conseguiu meter nesta final galega a once duatletas e que foi todo un exito o que acadaron, xa que conseguiron uns resultados empresionantes, no que a canteira deste clube sigue a continuidade de moitos anos e non perde o fio de estar entre os mellores de galicia, e cada vez a máis.
Un día algo oscuro en canto o tempo pero moi claro pos nosos triatletas, que querian deixar no podio a nosa marca de cor cebra.
Os resultados  foron na categoria benxamin femenina Laura Pais 6º, Benxamin masculino 6º Pablo Díaz, 9º Iago Garcia e 21 Martin Otero e acadan por equipos a medaia de prata. Alevin femenino Laura Muiño 23º, Alevin masculino 7º Diego Alonso, Marco Pulzoni 9º, Carlos Dios 14º e Nicolas Iglesias 27º e por equipos medaia de Bronze. Infantil femenina Ines Castaño bronze. Carla Castaño 3º en cadete femenina despois de sufrir unha caida pero ainda así poido continuar. Brais Otero en cadete masculino tamen acada o Bronze. A todos a Noraboa polos éxitos que acadaron.

 

A CANTEIRA ACADA 11 PRAZAS PA FINAL AUTONOMICA DE DUATLON ESCOLAR

. Cinco medaias a nivel Individual e duas por equipos.
Ler máis...Ler máis...Ler máis...Ler máis...Ler máis...Ler máis...Ler máis...

Santiago, 6 de maio de 2013.- A escola do Club Tríatlon Arcade Inforhouse destacou na final provincial de Dúatlon Escolar que na mañá do domingo acollía a contorna da praza do Obradoiro.
Despois de completar varias semanas intensas en canto a adestramentos de bicicleta, o adestrador da escola do equipo compostelán, João Fernández, mostrouse especialmente satisfeito tanto cos duatletas clasificados para a final autonómica como cos que rozaron a oitava posición individual ou segunda por equipos, que lles daba o pase á proba na que se decidirán os títulos galegos.
Desta forma, subiron ao podio os benjamines Pablo Díaz, ouro, e Laura Pais, bronce, a infantil Inés Castaño proclamouse campioa provincial de dúatlon e os cadetes Carla Castaño e Brais Otero foron prata e bronce respectivamente.
Por equipos, tanto os benjamines Pablo Díaz, Iago García e Martín Otero, como os alevíns Diego Alonso, Mario Pulzoni e Carlos Deus, lograron o subcampeonato na cita disputada en Santiago.
A final provincial de Dúatlon Escolar, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, tivo lugar en distancias que van desde os 500 metros a pé, 2 km de ciclismo e 250 m de carreira a pé, no caso dos benjamines, até o 2 km de carreira, 8 km de ciclismo e 1.000 metros a pé, no que respecta á categoría cadete.

 

A escola do Club Tríatlon Arcade Inforhouse destacou na final provincial de Dúatlon Escolar que na mañá do domingo acollía a contorna da praza do Obradoiro.

Despois de completar varias semanas intensas en canto a adestramentos de bicicleta, o adestrador da escola do equipo compostelán, João Fernández, mostrouse especialmente satisfeito tanto cos duatletas clasificados para a final autonómica como cos que rozaron a oitava posición individual ou segunda por equipos, que lles daba o pase á proba na que se decidirán os títulos galegos.

Desta forma, subiron ao podio os benjamines Pablo Díaz, ouro, e Laura Pais, bronce, a infantil Inés Castaño proclamouse campioa provincial de dúatlon e os cadetes Carla Castaño e Brais Otero foron prata e bronce respectivamente.

Por equipos, tanto os benjamines Pablo Díaz, Iago García e Martín Otero, como os alevíns Diego Alonso, Mario Pulzoni e Carlos Deus, lograron o subcampeonato na cita disputada en Santiago.

A final provincial de Dúatlon Escolar, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, tivo lugar en distancias que van desde os 500 metros a pé, 2 km de ciclismo e 250 m de carreira a pé, no caso dos benjamines, até o 2 km de carreira, 8 km de ciclismo e 1.000 metros a pé, no que respecta á categoría cadete.

 

 

 

                                                                   Cpto.Galego Duatlon
DOMINIO DO ARCADE INFORHOUSE NO PRIMEIRO DUATLON CELEBRADO NA ZONA VELLA

O noso club levase o título de campión gallego femenino e subcampión masculino

Santiago, 6 de maio de 2013.- O Club Tríatlon Arcade Inforhouse proclamouse este domingo campión galego de dúatlon en categoría feminina e subcampión masculino no XI Dúatlon Cidade de Santiago que por primeira vez enchía a praza do Obradoiro.
A nivel individual, Mariña González proclamouse campioa galega de dúatlon ao cruzar a meta da man das súas compañeiras do Arcade  Inforhouse Silvia Veira, prata e campioa en idade sub-23, e Diana Cotón, bronce e gañadora do título junior. As duatletas do club compostelán impuxeron o seu ritmo desde o inicio, descolgando ás súas perseguidoras ao colaborar no esixente circuíto ciclista. ?Elas fóronse por diante, eu pilleinas na segunda volta de bicicleta e xa fomos todo o intre xuntas?, resume Mariña González mentres Silvia Deira sinala que ?Mariña foi tirando porque está máis forte en bicicleta e logo pediunos axuda na carreira para terminar xuntas?.
Na  proba masculina, unha quinta praza de Emilio Lousa, sumada ao décimo lugar de Cristóbal Deus e á undécima posición de Óscar Fernández, déronlle ao Arcade Inforhouse o subcampeonato galego.
Previamente, na competición popular que daba cita a máis dun centenar de duatletas, o deportista do Arcade Inforhouse Alberto Condal levou a vitoria nunha proba na que compartiu podio co seu compañeiro de club Alberto Asensio, terceiro.
O campionato galego de dúatlon celebrouse sobre distancia sprint -5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé-, mentres que o dúatlon popular de Santiago disputouse en 4 km de carreira a pé, 16 km de ciclismo e 2 km finais de carreira.

O Club Tríatlon Arcade Inforhouse proclamouse este domingo campión galego de dúatlon en categoría feminina e subcampión masculino no XI Dúatlon Cidade de Santiago que por primeira vez enchía a praza do Obradoiro.

A nivel individual, Mariña González proclamouse campioa galega de dúatlon ao cruzar a meta da man das súas compañeiras do Arcade  Inforhouse Silvia Veira, prata e campioa en idade sub-23, e Diana Cotón, bronce e gañadora do título junior. As duatletas do club compostelán impuxeron o seu ritmo desde o inicio, descolgando ás súas perseguidoras ao colaborar no esixente circuíto ciclista. ?Elas fóronse por diante, eu pilleinas na segunda volta de bicicleta e xa fomos todo o intre xuntas, resume Mariña González mentres Silvia Deira sinala que Mariña foi tirando porque está máis forte en bicicleta e logo pediunos axuda na carreira para terminar xuntas.

Na  proba masculina, unha quinta praza de Emilio Lousa, sumada ao décimo lugar de Cristóbal Deus e á undécima posición de Óscar Fernández, déronlle ao Arcade Inforhouse o subcampeonato galego.

Previamente, na competición popular que daba cita a máis dun centenar de duatletas, o deportista do Arcade Inforhouse Alberto Condal levou a vitoria nunha proba na que compartiu podio co seu compañeiro de club Alberto Asensio, terceiro.

O campionato galego de dúatlon celebrouse sobre distancia sprint -5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé-, mentres que o dúatlon popular de Santiago disputouse en 4 km de carreira a pé, 16 km de ciclismo e 2 km finais de carreira.

Entrevistas:




Diana Coton Vicente Guzman: Marina Gonzalez e Silvia Veira:

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.