• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    Ler máis...

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Novas



APASIONANTE O COMENZO DO PRIMEIRO CAMPUS CICLISMO TRIATLON ARCADE INFORHOUSE NO VELODROMO DE BETANZOS

Emilio Lousa un veterano e instructor impecable dirixindo este campus.
Fran Lopez Costoya, campion do mundo de Raids de aventura.
Brais Canosa, todo un exemplo de esforzo e traballo pa estar no máis alto nivel do triatlon.


O Velodromo de Betanzos, foi escenario do primeiro Campus de Ciclismo do noso clube Triatlon Arcade Inforhouse Santiago, no que temos que felicitar o concelleiro de deportes, Don Diego Fernandez Lopez por facilitarnos a instalacion e acompañarnos nunha das partes do adestramento, e tamen temos que agradecer ao técnico de deportes do concello  Rivas Carro por estar acompañandonos ata o remate. Comenzamos asi unha nova andadura dentro do clube no que queremos facer participes a todolos deportistas, partindo dos mais pequenos da escola de triatlon, " benxamis,infatis,cadete e xunior " ademais dos sub-23 elite e veteranos, unha maneira de facer convivencia entre todos.
A imparticion deste campus corre a cargo de Emilio Lousa licenciado en educacion física, e un veteran do triatlon no que da gusto estar o lado del, xa que os seus coñecementos son fantasticos e moi ben acollidos polos participantes. Fran López Costoya quizais non vos soa moito a alguns pero e un galelo Campion do Mundo de Raids de aventura, unha persoa entrañable, din que e o canibal incombustible dos Raids, bueno da gusto seguilo tamen como da as instrucions os ciclistas . Brais Canosa´, unha gran persoa na que se puxo a disposicion dos impartores do campus e que tamen imparteu con todos os seus coñecementos da bici. Contamos nesta primeira  fase cunha participacion de trinta e cinco deportistas, formados en tres grupos de distinto nivel, se lle impartiu parte teorica e practica de como ir dando relevos, trazas de curvas, manexo de cambios, e ir en grupo. Ahora queda esta segunda parte que se impartira o vindeiro sábado 16.

 
Nada e Corre en Riveira


O FUTURO DO CLUBE COMENZA A SUA ANDADURA NESTA NOVA TEMPORADA.


Onte, domingo 3 de febreiro de 2013, celebrouse en Ribeira o primeiro Nada e Corre da temporada. Hasta alí achegaronse cheos de ilusión e alguns nervios os integrantes mais novos do clube para derrochar entusiasmo e ilusióne poñendo en practica todo o entrenado e todo o enseñado polos seus adestradores que os acompañaron durante todo o tempo que durou a competición.

Como sabedes o nada e corre é unha competición oficial da FEGATRI na que se suman os tempos de natación e correr, sendo o resultado final a suma acadada nestes dous tempos parciais. A de Ribeira foi a primeira proba do circuito galego, restando por celebrarse unha en Vilalba e outra en Vigo, antes da gran final que tera lugar o vindeiro 16 de marzo en Pontevedra.

A xornada transcurriu sin contratempo algún e queremos subliñar as boas marcas acadadas polas rapazas e rapaces do clube, destacando ademais que alguns deles eran debutantes. En definitiva, mais aló dos resultados que foron bos gustarianos destacar a gran xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron os mais novos acompañados dos seus entrenadores e pais. Este espiritu y este ambiente é o que dende o clube pretendemos destacar e favorecer, sendo polo tanto o noso obxectivo que a escola medre e que as nenas e nenos do Triatlón Arcade Inforhouse cheguen a ser uns gran triatletas e uns grandes compañeiros e amigos.

Dende o clube estamos moi satisfeitos e infinitamente agradecidos a todos eles, e desexando que mais xente se anime a formar parte desta gran familia. Seredes Benvidos.

--- Clasificacions ---

 

PRIMEIRO PODIO POR EQUIPOS DA TEMPADA NO DUATLON CROSS DE CANDEAN
Segundos por equipos en Candean.

O domingo 27 de Xaneiro de 2013 celebrouse en Candeán (Vigo) o IV Dúatlon Cros Mámoa de Candeán coa participación de Amancio Espiñeira Moruja, Fernando Abad Roca, Alberto Candal Viqueira e Francisco Javier Igrexas Prado.

Como era de esperar as condicións climatolóxicas ían ser desfavorables: choiva, néboa e por suposto, frío.
O percorrido e o trazado trazado eran propios dun cros auténtico:
--- A primeira carreira consistiu en dúas voltas a un circuíto infestado de carreiros embarrados e partes do percorrido por entre raíces de árbores que fixeron a máis dun caerse.
--- A sección de mountain bike tampouco tiña desperdicio: Tres voltas a un circuíto con carreiros rápidos con moito barro, baixadas con zonas técnicas onde agradecías ter uns bos freos e por suposto ramplas onde portear a bicicleta era a única forma de subir ante a cantidade de barro acumulado.
--- E por último a última carreira consistiu en dar unha volta en sentido contrario ao do circuíto da primeira carreira.
Tras completar con éxito o IV dúatlon cros Mámoa de Candeán, os cutro atletas competidores do Arcade Inforhouse Santiago finalizaron nos seguintes postos:
- Amancio Espiñeira Moruja, OITAVO posto, cun tempo total de 1:55:03.
- Fernando Abad Roca, DÉCIMO posto, entrando ao mesmo tempo que o NOVENO, cun tempo total de 1:56:07.
- Alberto Candal Viqueira, que na primeira volta do percorrido de mountain bike sufriu un problema na transmisión que foi arrastrando, DÉCIMO TERCEIRO posto, cun tempo total de 1:58:38.
- Francisco Javier Igrexas Pardo, DÉCIMO SEXTO posto cun tempo total de 2:24:27.
Na clasificación por clubs, o Arcade Inforhouse Santiago obtivo o SEGUNDO posto cun tempo acumulado de 5:49:48 do tres primeiros atletas do club que chegaron. Noraboa a todos.

 

BRAIS CANOSA  VENCE NO CROSS DA GANDARA

Ler máis...

Esta fin de semana había que celebrar o nadal, e de que mellor xeito que facendo o que nos gusta. Estaba inscrito para unha carreira no Porto do Son, pero uns problemas durante a semana, debido á gran fatiga acumulada durante os últimos adestramentos, fixeron que cambiase de plans, e decidón correr o cross da Gándara, preto da miña casa, 8 km nun terro moi embarrado e pesado. O cansancio seguía presente e non as tiña todas conmigo, así que decidín saír tranquilo aver que pasaba, xa que o nivel da carreira non era moi aló. Co paso das voltas as sensación ían a peor, pero no ecuador da proba atopábame en cabeza acompañado dun só corredor, sabía que non tiña moitas forzas, e non intentei quedarme en solitario ata a derradeira volta. Por sorte, conseguín ter un chisco máis de enerxía que o meu rival e puiden entrar en meta en solitario, cunha marca de 26´10´´, contento polo terreo e pola miña situación. Estrenamos o casilleiro de victorias, esperando que sexan moitas máis. Sen máis quero desexarvos un ano 2013 cheo de km e de saúde. Lume

 

 

TOMA DE TEMPOS EN RIBEIRA

Ler máis...

O sábado 22 de decembro o Club de Tríatlon Arcade-Inforhouse tivo a súa segunda toma de tempos da tempada. Foi un dia especial para os nenos da escola así como para os adestradores que os acompañaba por primeira vez. A escola do Arcade Inforhouse saíu  pasadas as 15 do local do club no estadio de San Lázaro na furgoneta do club, onde reinou o bo humor e as risas durante todo o traxecto até a comarca do Barbanza.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.